Imagen principal
FOTOS MENU

Situación

¿Como Chegar?

Cesuras está a 32 kms. de A Coruña, vinte dos cales pódense percorrer pola Autovía A-6; tamén pola C-540 que vai de Betanzos a Lalín por Melide. Cando esta estrada, a 13 quilómetros de Betanzos, crúzase co río Mendo preto de Trasanquelos, sae unha vía local de tres quilómetros que sobe ata a capital do municipio. Unha serie de estreitas pistas asaltadas, de trazado e percorrido moi pintoresco, comunican as diversas parroquias e aldeas.

Tamén se pode chegar por tren, pola vía férrea que une A Coruña e Lugo. Os seus máis de 2.700 habitantes viven repartidos por númerosos núcleos de poboación das 13 parroquias que compoñen o municipio.


Mapa Accesos Concello Cesuras