Imagen principal
FOTOS MENU

Situación

Parroquias Do Concello

Este concello consta con 13 parroquias: Filgueiras de Barranca, Borrifáns, Bragade, Carres, Cutián, Dordaño, Figueredo, Loureda, Mandaio, Paderne, Santaia de Probaos, Filgueira de Traba e Transanquelos. Estas 13 parroquias, xunto cos numerosos lugares, suman 200 entidades poboacionais, que conforman o termo municipal de Cesuras.

En Filgueira de Barranca as 3 fervenzas da Rexedoira nun entorno bucólico. No igrexario destaca unha sinxela capela románica do s.XII, reconstruída. No monte de San Gregorio, santuario do s.XIII que serviu de refuxio ao lexendario guerrilleiro Foucellas.

Fervenza

Tamén en Borrifáns podemos atopar restos dun castro celta e ver onde nace o río Mero en A Tieira.
En Bragade, o Museo Etnográfico e o monumento ó Sagrado Corazón dende onde se divisan As Mariñas e A Coruña. En O Paraxón, Parque do Sanatorio cunha superficie de 85.000 m2 de superficie arbórea.
En Carres, restos dun castro en Cha e un dos rincóns máis pintorescos: Vilar de Coma.
Atravesa o río Mero, de tradición troiteira, o verde val de Cutián, parroquia con fermosos rincóns adornados por vexetación autóctona.


No Castelo, Dordaño, área recreativa dotada de Piscina, zona de xogos e deportiva, e barbacoas de uso público.
Regado por numerosos regatos que desembocan no Mero, encontrase Figueredo, onde houbo un asentamento celta en O Castro.
En Loureda, dominando o val, templo románico con arcos apuntados de orixe benedictino.
Todo o val de Mandaio é de gran beleza, curioso o cruceiro próximo á igrexa.
En Paderne, igrexa parroquial da que destaca o campanario construído a varios metras da mesma. No monte Medela Ermita de San Xoan cun fermoso retablo de Pedra do s.XVII. Espectaculares as vistas desta atalaia.
Probaos, gracias á hosteleria e á industria madereira é motor económico do municipio.
A escasos 3 kms., en Traba, o restaurado Muiño da Bazaqueira e os seus arredores merecen unha visita.
Trasanquelos é visitado por inumerables pescadores en temporada de pesca que recorren as ribeiras dos ríos Mendo e Carnes disfrutando ademáis dos bosques de freixos, bidueiros e outras especies que as adornan.