O relevo do municipio é accidentado, debido a que se forma entre as estribacións da meseta de Curtis e o profundo cauce das correntes fluviais que o atravesan; das que, o Mendo e o Mero son as principais. Os outros riachuelos e regatos, tributarios dos anteriores, van creando un sucesión de montes e vales que fan que alternen as terras de montaña e as de ribeira.
En todo o territorio existen numerosas fontes como son as de: Rorís, Candeeiras, Fiaños, Trasanquelos, Casal, Rilo, Regueira, Fontecativa, Figueiredo, Leiros, Pinche, Paraxón, Estación, Forte, Sanatorio, Rego do Inferno, Igrexa do Dordaño,...
O clima é o que corresponde ó seu lugar de transición entre As Mariñas e as terras altas da meseta interior. Predominan polo tanto as características do clima atlántico húmido, algo recrudecido pola altura e a relativa lonxanía do mar.
Hai un casco semi-urbano que está situado en Bragade.Segundo datos do último Padrón Municipal de Habitantes, a 1 de xaneiro de 2002,
Cesuras conta con 2.555 habitantes.
A estructuración do solo responde ó modelo socioeconómico desta zona, dos espacios
do interior, que é principalmente agrícola e gandeiro. Así, as principais fontes de
riqueza do municipio, son as que proveñen da gandeiría e da agricultura. Máis do 70%
da poboación activa ocúpase nestas actividades. Ó tratarse dun concello sen localizacións
industriais nin terciarias, experimentou intensos e persistentes procesos migratorios,
que recortan o volume poboacional nas ultimas décadas. A emigración e a reconversión
agropecuaria, son claves para a comprensión do modelo socioeconómico do municipio.
Este concello é inminentemente agrícola e gandeiro, pero a poboación máis xoven non se adica a este sector aínda que é onde poden xurdir máis perspectivas de traballo. Tamén pode crearse algún emprego no sector servicios paralelo ó turismo rural.
Hoxe, Cesuras entronca o seu proxecto de futuro cás súas raíces. Símbolo delo son a restauración da Antiga Casa Consistorial, convertíndoa en Museo Etnográfico, e a recuperación de Muiños como os da Bazaqueira e da Forcada.
Así como a rehabilitación, pola iniciativa privada, da finca o Sooxal que ofrece ao viaxeiro hospedaxe e actividades ao máximo nivel.
Esta aposta por atraer ós amantes da natureza e da tranquilidade, se complementa coa sinalización de rutas de sendeirismo polos lugares máis entrañables do municipio e coa mellora de infraestructuras que dinamizan a rehabilitación e ocupación das casas vellas de pedra.